Paroles de Tempestades de sal

Sés
Nesta terra que fai testamento,
Que acolle os lamentos e anima a olvidar,
Infectada de sangue usureiro,
Caciques modernos, mecenas do mal.
Vivo dentro dun monte de area
Tinguido de brea que non limpa o mar,
Coa esperanza de tomar alento
Para ver o momento de nos libertar.
Mais aínda seguimos aquí
A aturar tempestades de sal,
Resistindo a violencia de mans
Desas serpes e cans que nos queren calar.
Compañeiras nos soños do Edén,
Unha illa no medio do mar,
Que iluminan o loito máis negro,
Que esquece o desterro e o medo a loitar.
Cando as marcas se gravan a ferro
E a dor e a xenreira non deixan sorrir,
As penurias van alén da fame
Falta a identidade que axuda a vivir.
Só se calma o ruído da raiba
Coa forza que queima na gorxa ao berrar:
Queremos curar a fendedura,
Olvidar a tristura e voltar comezar.
InterprèteSés
Paroles ajoutées par nos membresParoles ajoutées par nos membres

Les internautes qui ont aimé "Tempestades de sal" aiment aussi :